Este venres día 1 de decembro AGADEA inicia no Concello de Boqueixón un ciclo de charlas sobre demencias que abordarán temáticas tan importantes como o deterioro cognitivo, os seus síntomas psicolóxicos e conductuais, a comunicación coa persoa con demencias, a afectividade e sexualidade e a sobrecarga no coidador principal. Non perdas a oportunidade de asistir. Todas terán lugar na Casa do Concello ás 18:00 horas.

Arriba