Domingo, 10 de decembro ás 18:00 h.

Casa da Cultura de Camporrapado

Público infantil e familiar

OS TRES TENEDORES son un grupo de animación musical infantil que une música, teatro e humor con fins didácticos. Especialistas na mellor cociña musical para comensais de bo dente, converteranse nos seus protagonistas principais. Son músicos, actores e mestres que levan oito anos compartindo os seus espectáculos dun xeito divertido, didáctico e orixinal por toda a xeografía galega.

“COCIDO EXPRESS”

Un cociñeiro, un camareiro e un xefe de cociña amosarannos o seu singular método de elaborar un menú no prestixioso restaurante OS TRES TENEDORES.

Videoclip: https://www.youtube.com/watch?v=KF35NFLzg3E

 

 

Arriba