CoidarNos, en colaboración con SARELA (Asociación de Dano Cerebral de Compostela), organiza unha charla sobre o dano cerebral adquirido o vindeiro luns 19 de febreiro ás 18:00 horas.  A traballadora social desta asociación falará das causas desta doenza e de cómo previla. Así mesmo, facilitará as claves sobre o coidado e rehabilitación das persoas que a sofren.  O dano cerebral adquirido constitúe a primeira causa de discapacidade e dependencia en persoas adultas e un dos principais motivos da prestación de coidados permanentes.

A actividade é aberta ao público con previa inscrición no teléfono  981 51 31 06.

Arriba